Noia. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciará mañán a proba de cargas na variante de Noia, nos vanos 18, 19, 20, 21 e 22, correspondentes ao tramo atirantado do viaduto.
A proba de carga consiste na avaliación do comportamento do viaduto fronte a unha carga calculada nuns puntos determinados do taboleiro e compróbase que as frechas (movemento vertical) que se producen correspóndense cos valores teóricos obtidos por cálculos. O reparto do peso por cada un dos vanos a analizar será do seguinte xeito: proba de carga nos vanos 18 e 22, empregando oito camións (4 en transversal por 2 en lonxitudinal); vanos 19 e 21, empregando oito camións (4 en transversal por 2 en lonxitudinal); vano 20, empregando doce camións (4 en transversal por 3 en lonxitudinal); proba de carga pila 18 e 21, empregando dezaseis camións (4 en transversal por 4 en lonxitudinal); proba de carga pilono 19 e 20, empregando vintecatro camións (4 en transversal por 6 en lonxitudinal).
As obras da variante de Noia avanzan segundo o previsto e, na actualidade, o grao de execución das mesmas sitúase no entorno do 97%, segundo informou onte a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario